Axenda socio-cultural

Ex., 14-11-2019
Domingos, dende o 31 de marzo ao 22 de decembro de 2019 , Visitas a diversos lugares

 Novas 40 andainas gratuítas programadas polo Concello para coñecer, de xeito sostible, a riqueza natural, arquitectónica, xeolóxica e patrimonial de Lugo.

martes, 05 de Novembro de 2019 a martes, 26 de Novembro de 2019

Dende  o ano 2017 a Dixital Preservation Coalition ( DPC), organiza o Dia Mundial da Preservación Dixital  a cal é unha compañía limitada sen fins de lucro con sede no Reino Unido que busca asegurar a preservación dos recursos dixitais no Reino Unido e internacionalmente para asegurar a memoria dixital global e a base de coñecemento.

Este dia celébrase o primeiro xoves de Novembro, no ano 2019 no dia de hoxe, 7 de Novembro baixo o lema 'Materiais dixitais en risco', a comunidade de preservación dixital reunirase para celebrar o seu traballo e examinar as coleccións que conservaron, o acceso que mantiveron e a comprensión que fomentaron ao preservar os materiais dixitais. A celebración deste día exténdeuse  ao longo e ancho do mundo, vista a preocupación existente pola conservación de documentos dixitais tanto no éido da administración como no particular .

Para conmemorar este día a Concellería de Participación e Servizos a Veciñanza de Lugo publica nesta web os documentos de arquivo, xa dixitalizados, datados no século XVII, ao obxecto de que poda estar ao servizo de investigadores e usuarios, en xeral, a principal fonte da historia lucense deste século.

  • Día Mundial da Preservación Dixital 2019 (OPD) | Descargar pdf