Volante de empadroamento

Código: 
510
Presentación: 
Presencial
Online
Descarga

O volante de empadroamento é o documento que informa acerca dos datos relativos ao empadroamento que figuran no Padrón de habitantes.

Pode solicitalo a persoa interesada maior de 16 anos ou quen posúa a súa representación legal. É gratuíto e entrégase no momneto.

Tipos de volante

  • Individual: contén información unicamente da persoa interesada.
  • Conxunto: contén información de todas as persoas que figuran inscritas na mesma folla padroal.

Documentación que deberá achegar 

Pode imprimir directamente dende internet o volante de empadroamento, cubrindo o formulario de datos e sen necesidade de achegar documentación.

No caso de tramitación presencial, deberá achegar:

  • Formulario de solicitude debidamente cumprimentado
  • Documento de identidade en vigor (orixinal) da persoa interesada, segundo o caso: DNI, NIE, tarxeta de residencia e/ou pasaporte.
  • No caso de actuar a través de representante legal, documento que acredite a representación (orixinal e fotocopia), e documento de identidade do representante (orixinal).