Subvencións para a celebración das Festas de Lume novo nos barrios, parroquias e núcleos poboacionais do municipio de Lugo

Código: 
402
Presentación: 
Presencial
Descarga

Prazo de presentación de solicitudes

 Do 27 de maio ao 19 de xuño

Documentación que deberá achegar

  • Fotocopia do NIF da persoa solicitante e dos membros da comisión de festas, de ser o caso.
  • Copia do documento acreditativo da representación que ten a persoa solicitante da entidade ou asociación.
  • Fotocopia do NIF/CIF da asociación ou institución que representa.
  • Certificación da conta bancaria a nome da asociación ou da persoa que a representa, parroquia,barrio....
  • Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas doutras entidades públicas ou privadas coa mesma finalidade (anexo I).
  • Declaración xurada de estar ao corrente das obrigas coa Axencia Tributaria Estatal, coa Facenda Autonómica (Consellería de Economía e Facenda) e coa Seguridade Social (anexo I).
  • Declaración xurada da persoa beneficiaria ou da entidade que representa de estar ao corrente coas obrigas fiscais co Concello de Lugo e non estar incursa en prohibición para obter a condición de beneficiaria da subvención conforme o establecido no artigo 13.7 da Lei 38/2003 (anexo I).
  • Declaración xurada da persoa beneficiaria ou entidade que representa relativa a que a documentación achegada como xustificación non foi nin será presentada como xustificación de ningunha outra axuda pública ou privada e, cando sexa o caso, na porcentaxe que se remite como xustificación (anexo II).
  • Declaración xurada da persoa beneficiaria ou da entidade de que a subvención se destinará e/ou se destinou á execución da actividade para a que se solicita (anexo I e anexo II).
  • Memoria explicativa da actividade programa que se vai  levar a cabo (anexo I).
  • Memoria explicativa da actividade programa subvencionado (anexo II).
  • Declaración xurada de que os gastos presentados como xustificación da festa se aboaron e que os impostos indirectos (IVE) non teñen a condición de recuperabilidade ou compensatoriedade (anexo II).
  • Autorización ao Concello para lle solicitar a AET/SS información que permita a comprobación que figura nas declaracións xuradas ( Anexos I,II )