Subvención para entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido dos servizos sociais para o desenvolvemento de programas e actividades que beneficien a persoas e colectivos en situación de desvantaxe e para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo estes programas e actividades

Código: 
909
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

Documentación xeral

  • Fotocopia do DNI da persoa solicitante
  • Fotocopia do documento acreditativo da representación do solicitante.
  • Memoria do programa de actividades (ANEXO II)
  • Memoria dos gastos de mantemento e reparación de infraestrutura e equipamento ( ANEXO III)
  • ANEXO IV ( Declaracion responsable)
  • Certificación dos datos bancarios
  • Certificación da/o secretaria/o da entidade, co visto e prace da/o presidenta/o da entidade, no que conste a relación de persoas que figuran na xunta directiva, así como as diferentes vogalías ou departamentos dela.

Documentación a maiores para as entidades non inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións

  • Fotocopia do CIF da asociación ou institución que representa.
  • Fotocopia dos estatutos ou documentos acreditativos da personalidade da entidade. Na copia dos estatutos deberá figurar o selo xustificativo da inscrición no rexistro público correspondente.
  • Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de fundacións da Xunta de Galicia, no do Estado ou  en ambos os dous.
  • Acreditación, de ser o caso, da inscrición,  no Rexistro de entidades relixiosas da Dirección Xeral de Cooperación Xurídica Internacional e Relacións coas Confesións dependente da Subdirección Xeral de Relacións coas Confesións ou en calquera outro rexistro público que as acredite como tal.
  • Fotocopia do CIF da asociación ou institución que respresenta.

Prazo de presentación de solicitudes

Do 15 de setembro ao 16 de outubro do 2017, ambos os dous días incluídos.

+ info

Solicitude 909 - Subvención para entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro