Solicitude de subvención para entidades e asociacións culturais

Código: 
405
Presentación: 
Online
Descarga

Solicitude de subvención para as asociacións culturais ou entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido dos servizos da cultura ou para o desenvolvemento de programas e actividades culturais e para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo estes programas e actividades.

Documentación que deberá achegar

Documentación xenérica

  • Fotocopia do DNI da persoa solicitante
  • Copia do documento acreditativo da representación que ten a persoa solicitante na entidade ou asociación.
  • Certificación dos datos bancarios
  • Declaración responsable para os efectos de solicitar (ANEXO IV).
  • Declaración responsable da/o secretaria/o da entidade, co visto e prace da/o presidenta/o da entidade, no que conste a relación de persoas que figuran na xunta directiva, así como as diferentes vogalías ou departamentos dela.

Documentación a maiores para entidades non inscritas no Rexistro municipal de Asociacións

  • Fotocopia do CIF da asociación ou institución que representa.
  • Copia dos estatutos ou documentos acreditativos da personalidade da entidade. Na copia dos estatutos deberá figurar o selo xustificativo da inscrición no rexistro público correspondente.
  • Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de fundacións da Xunta de Galicia, no do Estado ou en ambos os dous.
  • Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de entidades relixiosas da Dirección Xeral de Cooperación Xurídica Internacional e Relacións coas Confesións dependente da Subdirección Xeral de Relacións coas Confesións ou en calquera outro rexistro público que as acredite como tal.
  • Documentación acreditativa das súas normas, fins, obxectivos…

Documentación específica

  • Cando os obxectivos das subvencións sexan programas de actividades:
    • Memoria do programa de actividades (ANEXO II)
  • Cando o obxecto da subvención sexan os gastos de mantemento e reparación de infraestrutura e equipamento:
    • Memoria da necesidade do gasto (ANEXO III)

 

+ info

Subvención para entidades e asociacións culturais