Licenza municipal para a tenza de animais clasificados como potencialmente perigosos e de inscrición no Rexistro Municipal

Código: 
653
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

Formulario de solicitude debidamente cumprimentado, xunto coa documentación indicada en cada caso

Para a obtención da Licenza

  • Fotocopia do Documento de Identidade para os efectos de acreditar a maioría de idade. Presentarase acompañada do seu orixinal para a súa comprobación
  • Fotografía tamaño carné da persoa solicitante para a súa colocación na tarxeta acreditativa da licenza
  • Certificado de Antecedentes penais, no que conste que a persoa solicitante non foi condenada por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privada por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos. Información para a súa btención: www.mjusticia.es.
  • No caso de que non se acompañe á solicitude o Certificado d eAntecedentes Penais, o Concello solicitarallo de oficio á Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza, para o que deberá cubrirse o documento de autorización que se acompaña (Anexo I)
  • Certificado Negativo do Rexistro correspondente que xustifique a ausencia de sancións por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas na alínea 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, en materia de tenza de animais potencialmente perigosos. Pode obterse na Delegación Provincial da Consellería de Medio Rural.
  • Certificado de Capacidade Física onde se acredite que a persoa solicitante non está incapacitada para proporcionarlle os coidados necesarios ao animal e garantir o seu axeitado manexo, mantemento e dominio e Certificado de Aptitude Psicolóxica, ambos os dous emitidos por un centro de recoñecemento debidamente autorizado de acordo co Real decreto 2272/1985.
  • Acreditación de ter formalizado un Seguro de Responsabilidade Civil, que se renovará anualmente, por danos a terceiros que poidan ser causados polos seus animais, pola cobertura mínima de 125.000 € por animal. Presentarase copia acompañada do documento orixinal para o seu cotexo, no que se acredite que foi aboada a prima correspondente, así como o período de vixencia do seguro e o número de microchip do animal asegurado.
  • Se se solicita licenza para a tenza de animais salvaxes en catividade: Memoria descritiva das instalacións e medidas de seguridade utilizadas para impedir a fuxida dos animais. Deberá estar subscrita por persoal veterinario, biólogo ou por outros facultativos superiores ou medios nos plans de estudos dos cales quede acreditado o coñecemento ou estudo de etoloxía animal.

Para a inscrición no Rexistro 

  • 2 fotografías do animal
  • Fotocopia do documento onde figure o número de microchip implantado no animal xunto cos datos da persoa propietaria e as súas características principais. Presentarase acompañado do orixinal para a súa comprobación