Declaración do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana

Código: 
310
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

Xuntarase á declaración a documentación requirida para cada caso

Compravendas, doazóns, cesións, permutas, ou constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio

  • Fotocopia simple da escritura que dá lugar á declaración
  • Fotocopia do último recibo do IBI (imposto de bens inmobles) dos bens que se transfiren

Herdanzas

  • Fotocopia da escritura de adquisición dos bens que se herdan
  • Fotocopia do modelo 650 do imposto sobre sucesións e doazóns presentado por cada herdeira ou herdeiro (anexos relación de bens e de suxeitas/os pasivas/os)
  • Fotocopia do último recibo do IBI dos bens que se herdan

Prazos de presentación da declaración

  • Actos inter vivos: 30 días hábiles dende a data da escritura pública ou privada que dá lugar á declaración
  • Actos mortis causa: 6 meses dende a data do falecemento

Observacións

A regulación dos restantes aspectos deste imposto, como exencións, bonificacións e normas de cálculo e xestión, atópase recollida na Ordenanza fiscal vixente número 201 do Concello de Lugo.