Consulta de recibos en recadación executiva e sancións de tráfico

Presentación: 
Online

Para o acceso á Oficina Virtual Tributaria poderán empregarse as seguintes vías por parte do contribuínte, sempre e cando dispoña dos instrumentos correspondentes que se precisan en cada caso para facilitar o acceso:

  • DNIe. Deberá dispor de DNI electrónico e coñecer a clave para utilizar os certificados do mesmo
  • Certificación dixital da FNMT. Deberá ser titular da certificación dixital en vigor da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre.

Unha vez identificado o contribuínte de forma segura, por calquera dos medios que se indican, permíteselles acceder en tempo real a consultar ou realizar as seguintes operacións:

  • A súa información ou conta tributaria en vía executiva sen esixir unha segunda acreditación. Poidendo ver os seus valores pendentes en vía executiva ou os que estén incluidos nun expediente de prema
  • A súas sancións de tráfico pendentes de pago
  • Modificación ou ampliación dalgúns dos seus datos persoais (enderezo, data de nacemento, teléfono fixo ou móbil, fax, correo electrónico..etc.)
  • Consulta de recibos anulados
  • Xustificante de recibos pagados
  • Impresión de documentos cobratorios
  • Consulta dos seus expedientesde xestión