Certificado de empadroamento

Código: 
505
Presentación: 
Presencial
Online
Descarga

O certificado de empadroamento é o documento que acredita a residencia das persoas empadroadas no Concello, así como outros datos relativos ao empadroamento: datas de alta e baixa, enderezos nos que a persoa interesada estivo empadroada, causa da alta ou baixa no Padrón, etc.

Pode solicitalo a persoa interesada maior de 18 anos ou quen posúa a súa representación legal.

Tipos de certificado

  • Individual: para acreditar o empadroamento dunha persoa nun domicilio concreto.
  • Individual co histórico de habitantes: para acreditar as variacións padroais da persoa empadroada desde o ano 1996.
  • Individual para consulados: específico para os Consulados.
  • Conxunto: para acreditar o empadroamento de todas as persoas que figuran inscritas nun domicilio, na mesma folla padroal.
  • Conxunto para consulados: específico para os Consulados.
  • Conxunto con habitante falecido/a: acredita o empadroamento conxunto con habitante falecido/a.

Documentación que deberá achegar 

  • Formulario de solicitude debidamente cumprimentado
  • Documento de identidade en vigor (orixinal) da persoa interesada, segundo o caso: DNI, NIE, tarxeta de residencia e/ou pasaporte.
  • No caso de actuar a través de representante legal, documento que acredite a representación (orixinal e fotocopia), e documento de identidade do representante (orixinal).

+ info

Solicitude 505 - Certificado de empadroamento