Bonificación na cota do imposto sobre o incremento de valor dos terreos para o inmoble considerado vivenda habitual da/o causante

Código: 
311
Presentación: 
Presencial
Descarga

Poderán solicitar esta bonificación as persoas descendentes, adoptadas ou ascendentes e adoptantes, ou a cónxuxe ou o cónxuxe da/o causante ou persoa con que convivira a/o causante con análoga relación de afectividade e así conste nun rexistro público.

A bonificación aplicarase sobre a cota íntegra resultante na liquidación emitida correspondente á herdanza do ben de natureza urbana onde a persoa causante estivese empadroada na data do seu falecemento.

A bonificación aplicarase en función do valor catastral do solo:

  • De 0 a 8.000 €: 95 %
  • De 8.000,01 a 16 000 €: 50 %
  • De 16.000,01 en adiante: 25 %

Esta bonificación deberá solicitarse dentro do prazo habilitado para a presentación da declaración deste imposto, seis meses contados dende a data de falecemento da persoa causante.