Bonificación do imposto sobre bens inmobles (IBI) por obra nova ou rehabilitación equiparable a esta

Código: 
303
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

  • Formulario de solicitude debidamente cumprimentado
  • Licenza municipal de obras (orixinal e copia)
  • Último recibo do imposto sobre actividades económicas, no caso de tributar por el, ou, se é o caso, fotocopia da declaración censual do imposto anterior ou acreditación, por calquera medio admisible en dereito, de que se trata dunha empresa de urbanización, construcción ou promoción inmobiliaria (orixinal e copia)
  • Último recibo do imposto sobre bens inmobles ou declaración de alteración de bens no caso de que o recibo figurase a nome doutra persoa propietaria (orixinal e copia)
  • Balance de situación pechado a 31 de decembro do ano anterior para acreditar que o inmoble non figura entre os bens do inmobilizado (orixinal e copia)

Unha vez presentada a solicitude, o Concello requiriralle á persoa interesada certificado da dirección técnica da execución da obra, visado polo colexio oficial competente, para acreditar a data de inicio das obras.