Autorización para vao/pasaxe

Código: 
172
Presentación: 
Presencial
Online
Descarga

Documentación que deberá achegar

Xenérica para vaos/pasaxes

  • Formulario de solicitude debidamente cumprimentado
  • Plano de situación da cartografía municipal.
  • Plano ou fotografía da fachada do inmoble con acoutamento expreso da entrada para a que se solicita o vao.

Específica para vaos/pasaxes permanentes

  • Plano de planta e número de prazas existentes por planta.
  • Licenza de 1ª utilización, cando nelas conste expresamente o uso de garaxe ou, de ser o caso, a licenza correspondente que lle permita tal uso, cando se trate de edificacións con licenza posterior ao ano 1980.
  • Licenza de obras na que conste o uso do local para garaxe ou, de ser o caso, a licenza correspondente que lle permita tal uso, cando se trate de edificacións anteriores ao ano 1980 e posteriores ao ano 1969.
  • Declaración xurada de que a edificación é anterior ao ano 1969, no suposto de que, por ser de data anterior, a edificación careza de licenzas de obras.

Específica para vaos/pasaxes comerciais

  • Plano de planta con indicación da superficie ocupada para o aparcadoiro ou zona de carga e descarga.
  • Licenza municipal de apertura.

Cando os documentos esixidos sexan expedidos polo Concello de Lugo, a súa achega poderá suplirse cando a persoa interesada así o faga constar e facilite os datos necesarios para a localización e verificación da súa existencia por parte da Administración.

Directorio