Autorización para instalación de valo / estada / plataforma elevadora

Código: 
176
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

  • Formulario de solicitude debidamente cumprimentado
  • Plano de situación do lugar onde se solicita a estada, referido á cartografía do Plan xeral vixente (que o facilitará o Servizo de Topografía).
  • Recibo e póliza de responsabilidade civil ou copia autenticada do recibo e da póliza.
  • Documentación técnica, gráfica e documental, axustándose ao regulado no R.d. 2177/04, do 12 de novembro, R.d. 1215/97, do 18 de xullo, R.d. 486/97, do 14 de abril, e 1627/97, do 24 de outubro, Ordenanza laboral da construción, vidro e cerámica, Orde do 28 de agosto de 1970. En todo caso, achegarase o nomeamento dun técnico competente que interveña na dirección técnica de todo o proceso ao que se refire a lexislación vixente.
  • A documentación antes mencionada conterá as medidas correctoras de protección colectiva necesarias para protexer os viandantes das posibles caídas de material, ferramentas ou calquera outro elemento á vía pública, avalada e dirixida por persoal técnico competente.
  • Fotocopia da licenza municipal de obra ou da comunicación de obras menores autorizada.

Directorio