Autorización de cesión de uso en precario dos locais do edificio de titularidade municipal sito na rúa Monte Faro, 2

Presentación: 
Presencial
Descarga

Autorización de cesión de uso en precario dos locais do edificio de titularidade municipal sito na rúa Monte Faro, 2 (Lugo) para asociacións privadas e fundacións públicas ou entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas e actividades de interese social.

Documentación que deberá achegar 

  • Formulario de solicitude debidamente cumprimentado, segundo modelos anexos
  • Fotocopia do Documento de Identidade da persoa solicitante
  • Copia do documento acreditativo da representación que ten a persoa solicitante na entidade ou asociación
  • Fotocopia do NIF /CIF da asociación ou institución que representa
  • Copia dos estatutos ou documentos acreditativos da personalidade da entidade
  • Inscrición no rexistro público que corresponda segundo a forma xurídica da entidade solicitante
  • Declaración xurada ( Anexo II)
  • Programa de actividades (Anexo III)
  • Documento acreditativo do réxime de tenza/utilización do local onde actualmente desenvolve a súa actividade, se é o caso