Alta no Padrón municipal de habitantes por cambio de residencia

Código: 
502
Presentación: 
Presencial
Descarga

Este trámite permítelles inscribirse no Padrón municipal de habitantes ás persoas que se trasladan a vivir a Lugo procedentes doutro concello ou país.

O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan as veciñas e os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen unha proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel.

Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ó ano.

Quen o pode solicitar?

A persoa interesada maior de 16 anos ou quen posúa a súa representación legal.

Que documentación hai que presentar?

Documentación xenérica

  • Formulrio de solicitude de alta no Padrón municipal de habitantes por cambio de residencia debidamente cumprimentado.
  • Folla de inscrición padroal cuberta por todas as persoas maiores de idade que se inscriban (no caso de inscrición de persoas menores, asinan a nai, pai ou titora ou titor legal). No caso de que se incorporen novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado, terá que asinar na propia folla a autorización das novas inscricións algunha persoa maior de idade que xa figura inscrita nela.
  • Documento de identidade en vigor (orixinal e fotocopia) da persoa interesada: DNI, NIE, pasaporte ou tarxeta de residencia, segundo o caso
  • No caso de actuar a través de representante, documento que acredite a representación.

Documentación específica para alta de menores de 16 anos

  • Libro de familia ou documento que acredite a tutela ou garda e custodia.
  • Copia do acordo regulador ou sentenza xudicial, no caso de separación ou divorcio.
  • Autorización do nai/pai/titora/titor, no caso de que a persoa menor de idade se empadroe no domicilio doutros familiares (avoas/avós ou tías/tíos).

Documentación relativa ó domicilio de alta, segundo sexa o caso

Vivenda ocupada

  • Autorización para residir na vivenda

Vivenda en alugamento

  • Contrato de alugamento ou último recibo de alugamento se o contrato se formalizou hai máis dun ano.
  • Último recibo de subministración de auga (*)
  • Último recibo de subministración de luz.

Vivenda en propiedade

  • Escritura, contrato privado de compravenda ou recibo do IBI -imposto de bens inmobles- (contribución)(*).
  • Último recibo de subministración de auga (*)
  • Último recibo de subministración de luz.

Vivenda en réxime de cesión

  • Autorización para residir na vivenda
  • Último recibo de subministración de auga (*)
  • Último recibo de subministración de luz

Pensión, hotel ou establecemento colectivo similar

  • Xustificante de inscrición no rexistro.

(*) A presentación destes documentos é voluntaria, se ben contribúe a axilizar a tramitación do expediente.

Os documentos indicados a continuación deberán presentarse xunto con seu orixinal: 

  • Documento de identificación de persoas estranxeiras
  • Documento de menores, no caso de tratarse de persoas estranxeiras
  • Libro de familia

Onde se presenta? 

Na Oficina de Estatística
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00

Cal é o prazo para resolver?

Aproximadamente unha semana.

Canto custa?

Gratuíto. 

Onde se tramita? 

Sección de Estatística – Concello de Lugo. 

Directorio