Actualidade

Venres, 22 de febreiro de 2019
O Concello renova a iluminación do Mercado Municipal con tecnoloxía LED, que permitiá unha mellora da eficiencia enerxética

Trátase do cambio de 14 luminarias, nas que o Goberno inviste 1.600€, e do que se fai cargo os Servizos Electromecánicos da entidade local. A renovación enmárcanse no compromiso do Goberno coa sostibilidade en cada un dos traballos que acomete

Estas actuacións de renovación súmanse as xa acometidas hai uns días na Praza de Abastos, tamén coa renovación de 14 luminarias na parte central destas instalacións municipais cunha inversión de 2.100 euros

Venres, 22 de febreiro de 2019

Pódese facer través do facebook oficial destes festexos, www.facebook.com/ardelucuslugo

Enmarcado nestes festexos, o Concello ten aberto o prazo de inscrición para formar parte do Grupo de Seres Mitolóxicos. As anotacións poden facerse na Área de Xuventude, no Centro de Convivencia do Uxío Novoneyra

Xoves, 21 de febreiro de 2019
Loitar contra as neoadiccións na mocidade, o obxectivo da mesa redonda que acolleu esta tarde o Vello Cárcere

Este debate enmárcase dentro das mesas redondas sobre xuventude que organizou nos últimos meses o Concello. A seguinte celebrarase o 27 de marzo e versará sobre Xuventude, amor e sexualidade: as nosas relacións

Xoves, 21 de febreiro de 2019
Un neno de Ribadeo, beneficiario da campaña Os Tapóns dan vida e coidan o medio ambiente, coa que colabora o Concello

Os lucenses prestaron novamente a súa colaboración con esta iniciativa solidaria, conseguindo reunir 10 toneladas de tapóns de plástico para pagar as sesións de fisioterapia a Darius Gabriel Dumitrescu ao longo deste ano

Xoves, 21 de febreiro de 2019
Lugo celebra o entroido a ritmo de charangas, con animación teatral e dous desfiles que repartirán máis de 6.000 euros en premios

Carmen Basadre presentou a programación que se iniciará co pregón do xornalista e escritor Xosé de Cora

De forma itinerante, por todas as rúas do casco histórico e distintos barrios da cidade, poderase gozar con distintas actuacións, tanto de música como de teatro

O tradicional concurso de disfraces infantil terá lugar o sábado 2 e o de adultos celebrarase o martes 5. Ambos os dous comezarán a partir das 17:00 horas. O prazo de inscrición aínda está aberto

Xoves, 21 de febreiro de 2019

Ante a escaseza de plantilla e a entrada en vigor do decreto que regula a xubilación anticipada dos axentes, o Executivo actuou con previsión e incluíu nas catro ofertas de emprego público que ten aprobadas 19 prazas de policía. Agora traballa na elaboración da OEP 2019 ano para cubrir o 100% das xubilacións producidas este ano