Actualidade

Mércores, 13 de decembro de 2017
O Vello Cárcere continúa na súa dinámica de actividade cultural, acollendo esta tarde tres alternativas distintas

Ana González Abelleira presentou unha xornada gratuíto sobre o uso das novas tecnoloxías en mozos e mozas, e Carmen Basadre inaugurou a mostra Cruzar el horizonte. Tamén se presentou un libro

Mércores, 13 de decembro de 2017
Volve o mercado Diversiarte, no que se poden atopar agasallos  solidarios para o Nadal ata venres

Ana González Abelleira inagurou este mércores unha nova edición desta iniciativa solidaria, que acolle a Praza Anxo Fernández Gómez, en horario de 11:00 a 15:00 horas

Mércores, 13 de decembro de 2017
O Goberno sobe un 40% os investimentos no 2018 para materializar o seu modelo de cidade: máis humana e accesible

A Alcaldesa presentou o Orzamento “máis investidor dos últimos anos”, de 95,3M€, un 5% máis que o do 2016, coas persoas “no centro de toda acción municipal” e que mantén ao mesmo tempo o esforzo polas políticas sociais: o 24% dos presupostos

Contempla un Plan de Barrios (2,5M€), presupostos participativos (400.000€), un novo modelo de mobilidade e acceso ao casco histórico (300.000€), os ascensores de Fontiñas e Sagrado Corazón (500.000€), o remate da biblioteca da Piringalla (1M€) e a mellora de parques  infantís (190.000€)

O éxito do Goberno de Méndez na captación de fondos europeos reflíctese nas contas. Incorpóranse 9,3M€, dos cales 8,2 son para desenvolver o Muramiñae, da Muralla ao Miño; 823.000 para o Smart City e 285.000 para o Lugo+Biodinámico

“Comezamos o mandato na procura de financiamento para agora poder facer realidade o noso modelo de cidade, mantendo o esforzo económico pola política social”, subliñou Lara Méndez

Mércores, 13 de decembro de 2017

A duración de dito contrato será de dous anos, e o orzamento máximo pra a primeira anualidade ascende a uns 67.000 euros. O número estimado de menús mensuais é de 1.161 almorzos, 1.173 xantares e 1.161 merendas

Martes, 12 de decembro de 2017

O PEF é imprescindible para a tramitación dos presupostos, debido á táboa rasa da Regra de Gasto imposta polo Goberno aos concellos economicamente saneados como o de Lugo