Actualidade

Xoves, 22 de novembro de 2018

Concello e Deputación colaboran con Achádego nesta programación, que se celebra o venres e sábado dende as 20:00 horas, e o domingo, a partir das 18:00 horas, no auditorio deste centro sociocultural

Participarán grandes nomes do mundo da actuación, que reflexionarán sobre a situación actual da actuación, produción e escritura en ficción, como o actor Tamar Novas, o director Jorge Coira ou o dramaturgo Sergi Belbel

Xoves, 22 de novembro de 2018
O I Congreso Iberoamerianco Cultura e Memoria, que acollerá o Vello Cárcere sendo un dos poucos en España deste tipo, pecha a súa inscrición

Ata o martes 27, as persoas interesadas en participar poden inscribirse, de xeito gratuíto, a través de cemiterio.lugo.gal. Celebrarase os días 30 de novembro e 1 de decembro no auditorio deste centro sociocultural

O programa abrangue distintos eixes temáticos: representacións da morte na historia, ritos funerarios e morte nas distintas culturas, antropoloxía da morte e grandes cemiterios monumentais

Mércores, 21 de novembro de 2018
O MIHL estrea unha exposición en memoria dun estudoso e protector do patrimonio no rural: o lugués José Da Riva

Carmen Basadre inaugurou a mostra, que se poderá visitar ata o 15 de xaneiro, en horario de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:30 horas; e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas

Mércores, 21 de novembro de 2018
Este venres, magosto emprendedor no CEI-NODUS

Será a partir das 19:30 horas, na explanada do CEI. É totalmente de balde. As persoas interesadas en participar na cita poden facelo a través do mail norman.veiga@concellodelugo.org

O I Magosto Day Networking para Emprendedores é unha actividade de motivación, organizada coa finalidade de fomentar o espírito colaborativo e o traballo en equipo entre emprendedores e emprededoras

Mércores, 21 de novembro de 2018

A Xunta de Goberno deu luz verde á contratación de ambos os dous traballos, cun orzamento de 310.000€ e 79.000€, respectivamente. O prazo de execución será de 6 meses para as primeiras tarefas e de tres meses para as segundas

O prazo de presentación de proposicións será de vinte días naturais contados dende a publicación do anuncio no Perfil do Contratante

Mércores, 21 de novembro de 2018
Concello e Deputación promoven a igualdade entre a mocidade colaborando coas axendas do IES Ánxel Fole

Lara Méndez e Álvaro Santos fixeron entrega das 550 axendas, que foron deseñadas e editadas por mozos e mozas voluntarias de bacharelato. Nesta ocasión, o deseño, en branco e negro, fai referencia a Campaña En Negro contra a Violencia de Xénero

Martes, 20 de novembro de 2018
Lugo volve poñerse de negro polo 25N

O venres celebraranse os actos institucionais, cunha Camiñada contra as violencias, dende as instalacións da Fundación TIC ata a Praza de San Marcos, con paradas na Praza de Pío XII, no templete da Praza Maior e diante a Árbore da Vida

A campaña de tinguir as localidades de cor negra conta cun dominio web, ennegrocontraaviolencia.gal, no que calquera persoa interesada pode descargar os recursos