Xunta de Goberno local

A Xunta de Goberno Local é o órgano municipal que colabora na función de dirección política que lle corresponde ao Alcalde, que é o seu presidente e o encargado de nomear aos seus membros que poden ser ou non concelleiros. Entre os membros da Xunta de Goberno con cargo de concelleiros, o presidente nomea ao secretario.

A Xunta de Goberno encárgase da aprobación dos proxectos relativos a ordenanzas, orzamentos, regulamentos ou relación de postos de traballo. Ademais, a Xunta de Goberno ten competencias na concesión e contratación de licenzas así como no nomeamento e cese dos titulares dos órganos directivos do Concello. Nalgúns casos, este órgano municipal pode levar a cabo accións xudiciais e administrativas.

A Xunta de Goberno Local debe respostar ante o Pleno das súas actividades, aínda cando a responsabilidade directa dalgunha delas corresponda a un dos membros da Xunta.

Todos os membros da Xunta de Goberno Local teñen dereito a participar nos debates das sesións plenarias, sexan ou non concelleiros.

Composición

  • Presidenta D.ª Lara Méndez López
  • 1ª Tenenta de Alcalde D.ª Ana Prieto Nieto
  • 2º Tenente de Alcalde D. Miguel Fernández Méndez
  • 3ª Tenente de Alcalde D.ª María del Carmen Basadre Vázquez
  • 4ª Tenenta de Alcalde D.ª Ana María González Abelleira
  • 5º Tenente de Alcalde D. Xosé Daniel Piñeiro Villares
  • 6ª Tenenta de Alcalde D.ª Rosana Rielo Rozas
  • 7º Tenente de Alcalde D. Manuel Núñez López 
  • Secretario D. Miguel Fernández Méndez