Pleno Municipal

O Pleno é o máximo órgano de representación política dos cidadáns no goberno municipal, e está constituído polo Alcalde e os Concelleiros. A presidencia do Pleno correspóndelle ao Alcalde, quen convoca e preside as súas sesións, as cales se celebran na Casa Consistorial.

O Pleno ten un regulamento propio de carácter orgánico e tanto o seu funcionamento coma a organización dos seus contidos recóllese no regulamento municipal. Constitúe unha Secretaría Xeral e unha serie de Comisións encargadas de xestionar diversas áreas de goberno e de informar sobre as mesmas ao Pleno.

Entre as atribucións do Pleno salientan a fiscalización econtrol dos órganos de goberno, a elección e destitución do Alcalde, a aprobación e modificación das ordenanzas e regulamentos municipais, a aprobación dos orzamentos, os acordos relativos á delimitación e alteración do termo municipal, a determinación das formas de xestión dos servizos, os acordos de participación en organizacións supramunicipais, etc.

As sesións poden ser Ordinarias, Extraordinarias ou Extraordinarias de carácter urxente. Todas elas serán convocadas con, alomenos, dous días hábiles de antelación, salvo as extraordinarias de carácter urxente cuia convocatoria con este carácter deberá ser ratificada polo Pleno. As ordinarias celébranse cunha periodicidade mensual e as sesións extraordinarias cando así o decida o Presidente ou o solicite, polo menos, a cuarta parte do número legal de Concelleiros. 

Como regra xeral, as sesións do Pleno son públicas. As actas das sesións publícanse puntualmente na web e os plenos poden seguirse en video en tempo real. 

 

Composición da Corporación Municipal