Xornada para romper estereotipos no Vello Cárcere coa presentación pública do libro Galofoguete, obra de dúas luguesas

Lara Méndez asistiu a dito acto de presentación da publicación, editado pola propia escritora e ilustradora

Sábado, 27 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xornada para romper estereotipos no Vello Cárcere coa presentación pública do libro Galofoguete, obra de dúas luguesas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este sábado, no patio do Vello Cárcere, á presentación pública dun libro que rompe estereotipos, Galofoguete, obra de dúas luguesas, Elena Fernández, a escritora, e Inés Varela, a ilustradora. A esta presentación tamén se achegou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e numeroso público de todas as idades.

Galofoguete trátase dun libro que narra a historia dun galo que quere voar a unha galaxia e que non pode, por mor dunha caída que sufre nun prado. Alí atópao unha cativa, Sabela, a protagonista, que o leva onda súa nai, mecánica de profesión, coas que finalmente o galo se queda a convivir. Con esta obra búscase subliñar a importancia de apreciar á amizade, enxalzar o traballo en equipo e romper os estereotipos, onde neste caso a mecánica é a nai, deixando de ser este un oficio masculino.

O libro está editado polas propias Fernández e Varela e pódese adquirir en Lugo, Santiago, A Coruña, Carballiño, Xinzo, Allariz e Lalín.

Noticias relacionadas