Unhas 20 expositoras participarán no Segundo Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras

Xoves, 05 de novembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, o director do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, Juan San Ildefonso, e a Presidenta de FADEMUR Galicia, Rosa Arcos, presentaron esta mañá o Segundo Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras que terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro e o domingo 8 nunha carpa situada na Praza de Anxo Fernández Gómez.

A Concelleira explicou que este encontro se engloba no programa de actos organizado polo Concello con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, que se celebra o vindeiro 26 de novembro.

O obxectivo deste encontro é facer visible o papel das mulleres no eido do rural, e continuar traballando pola igualdade. Inténtase poñer en valor as actividades singulares que contribúen a crear un tecido económico no eido do rural de todas as zonas de Galicia.

Poderase disfrutar da presentación, información, exposición, degustación e venda de productos de toda Galicia elaborados, pilotados e dirixidos por mulleres. Haberá arredor de 20 expositoras, 12 delas da provincia de Lugo, que presentarán ao público as súas produccións ao longo de toda a xornada, o que fará visible o traballo das mulleres no medio rural e a importancia do seu aporte como motor económico e tecido fundamental do medio rural. Haberá produtos de alfarería, zoquería, der