Un ano máis Orbazai é fiel á súa cita coa tradición coa 7ª Foliada

Miguel Fernández, Germán Gómez e Puri Carreira presentaron esta cita, que se celebrará este sábado, 3 de xuño

Martes, 30 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un ano máis Orbazai é fiel á súa cita coa tradición coa 7ª Foliada

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o presidente e a vicepresidenta da Asociación Cultural Airiños de Orbazai, Germán Gómez e Puri Carreira, respectivamente, presentaron este martes, no Salón de Plenos, a 7ª Foliada de Orbazai, que terá lugar este sábado, 3 de xuño. O Goberno do Concello e da Deputación colaboran con esta iniciativa posto que se enmarca dentro do seu compromiso polo impulso do rural e das tradicións culturais.

Durante a presentación, Miguel Fernández agradeceu a colaboración, o compromiso e o bo traballo veciñal de Orbazai por levar a cabo esta cita, xa consolidada no calendario lugués. Así mesmo enxalzou o seu compromiso coa cultura e tradición, "algo impagable polo que ten de potenciación do noso e de dinamización do rural, e das parroquias".

Fernández aproveitou para convidar á cidadanía a achegarse este sábado ao campo da festa para gozar dun "cóctel atractivo de música, gastronomía, artesanía e dun entorno natura