A segunda fase do proxecto das obras de abastecemento garantirán á cidade ter auga de calidade durante 25 anos

Venres, 24 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, presentou hoxe a segunda fase das obras de mellora do abastecemento e saneamento de Lugo que actualmente se atopan en fase de proxecto e que, previsiblemente, poderían comezar nuns nove meses.

O Concelleiro destacou que os obxectivos que se pretenden cumprir con esta nova fase que se pon en marcha son:

-continuar a mellora da calidade do abastecemento de auga potable a Lugo.

- adaptar a configuración da rede para ter cubertos os futuros desenvolvementos da cidade (como a zona de influencia do novo hospital)

- Mellorar a interconexión dos depósitos en Marcelle

-Incorporar o telecontrol do nó de Marcelle para controlar desde o posto de mando da ETAP todas as válvulas e niveis dos depósitos

- Rehabilitar o depósito de auga potable de 10.000 m3 en Marcelle para poñelo en servizo.

- Incorporar o sistema de auga reutilizada, cambiando o depósito de O Ceao e un dos depósitos de 10.000 m3 de Marcelle, previa rehabilitación deste último. Así haberá dous puntos de subministración de auga industrial na cidade: un en Marcelle e outro no CEAO.

Estas obras de modernización dos sistemas de saneamento e abastecemento do Concello garantirán á cidade de Lugo ter auga de calidade al menos durante 25 anos e “se convertirá nun modelo de xestión hidráulica ao ser o primeiro municipio do Norte de España en reutilizar a auga”.

As obras de modernización dos sistemas de abastecimiento e saneamento, e a rehabilitación das márxenes dos ríos, contaron cunha inversión de 122 millós de euros aportados polo Concello de Lugo e Acuanorte. A primeira fase destas obras está prácticamente rematada, segundo indicou o Concelleiro, e inclúe:

            - Depósito en Penarrubia de 25.000 m3

            - ETAP en Adai

            - Unha hinca debaixo do Miño

            - Unha hinca que pasa pola N-VI para levar unha tubería doble ata Marcelle.

            - Unha hinca á altura da depuradora para pasar o Miño.

            -Tubería e sistema de bombeo dende a depuradora ata a potabilizadora

A posta en marcha da nova potabilizadora terá lugar no primeiro semestre de 2009, o que “suporá un incremento do prezo da auga porque haberá que manter funcionando as dúas potabilizadoras á vez”.  Dopeso explicou que “o prezo do litro cúbico de auga pasará de 0´40 euros a 0´42 euros, pero a poboación gañará ao poder consumir