Pedro Feijóo sumase ás MIHL catas literarias

Será o venres, 5 de abril, dende as 20:00 horas e como en todas estas citas, misturarse literatura coa degustación de tapas da gastronomía lucense e música. A maiores, tamén haberá degustación a cargo de Bodegas Regina Viarium

Mércores, 27 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Pedro Feijóo sumase ás MIHL catas literarias

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, suma á programación das MIHL catas literarias ao escritor Pedro Feijóo. Será o venres, 5 de abril, dende as 20:00 horas, e como en todas estas citas, misturarse literatura coa degustación de tapas da gastronomía lucense e música. A maiores, tamén haberá degustación a cargo de Bodegas Regina Viarium.

Tras os relatorios de Yolanda Castaño e María Solar, chega Pedro Feijó, licenciado en Filoloxía Galega pola USC, que desenvolveu ao longo de anos un intenso labor no ámbito musical como produtor, compositor e músico en grupos como Los Feliz ou Lamatumbá. Neste mismo terreo publicou Viva el Fu remol!, crónica sobre as circunstancias do panorama musical galego.

Narrador, as súas aventuras e literatura cautivaron aos seus seguidores con Los hijos del mar, a súa primeira novela, finalista do Premios Xerais de Novela 2011, ou La memoria de la lluvia, libros máis vendidos nos últimos anos en Galicia, incluso traducidos a outros idiomas, e que atesouran o Premio Arzobispo San Clemente. A súa máis recente novela é Morena, perigosa e romántica, unha comedia dantesca. Ademais desta faceta novelística, Pedro Feijóo tamén cultivou investigación literaria.

Hai unha última cita programada, o 2 de maio, dirixida por Marta Robles, licenciada en Ciencias da información, con máis de 30 anos exercendo a súa profesión en todo tipo de medios. Comezou a súa carreira na revista Tiempo e dende aquelas colabora en distintas publicacións. En televisión traballou en Canal 10, TVE, Tele 5, Antena 3 e Telemadrid, entre outras, e en radio dirixiu e presentou programas en Radio Intercontinental, Cadena Ser, Onda Cero ou EFE Radio. Autora de 7 libros de no ficción, actualmente colabora en La Razón, La Gaceta de Salamanca ou Espejos Público, entre outros.

As entradas para participar nestas actividades poranse á venda os mesmos día que se celebre cada cata literaria nas propias instalacións do MIHL, por un prezo de 1 euro. O número de participantes é limitado a 90 persoas.

Noticias relacionadas