Ovación no Concello a unha lenda do balonmán español, Juan de Dios Román

A Alcaldesa presidiu a recepción, que se enmarca dentro das xornadas de homenaxe organizadas pola Peña Atlética Lucense, que se celebran ata venres na cidade

Mércores, 25 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ovación no Concello a unha lenda do balonmán español, Juan de Dios Román

O Concello ovacionou este mércores a unha lenda do balonmán español, Juan de Dios Román. Fíxoo dentro das xornadas organizadas pola Peña Atlética Lucense, que se celebran ata venres en Lugo e que inclúen conferencias, debates, talleres e unha cea homenaxe.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu a recepción, na que tamén estivo presente o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e outros membros da Corporación Municipal, así como representantes da peña organizadora.

No acto, a rexedora, quen amosou o orgullo por contar coa visita dun persoeiro dedicado toda unha vida ao deporte; puxo o acento en que "Lugo é deportista e fomenta e practica o deporte, implicándose, sobre todo, coa aposta firme, clara e decidida co de base", dado os valores que implica. Para rematar, tivo palabras para enxalzar a quincena "hiper deportiva", con moitos logros para Lugo; e para lembrar a gran tradición que sempre tivo o balonmán no municipio.

Nesta liña institiu o propio Juan de Dios, que chamou a traballar sempre polo deporte de base; e agradeceu tanto a homenaxe á peña atlética, facéndolle un guiño aos valores roxiblancos, como a rececepción na Casa Consistorial.

Traxectoria

Juan de Dios Román converteuse en 1971 en entrenador de balomán do Atlético de Madrid, ata 1985, conseguindo 5 títulos de liga e cinco copas do rei. Nese mesmo ano nomeárono seleccionador nacional, ata 1988. En 1990 volve ao club atlético como entrenador. En 1995 foi nomeado de novo seleccionador, conseguindo os primeiros éxitos internacionais de España. Despois dos Xogos Olímpicos de Sydney de 2000 abandonou o posto e pasou a ser comentarista de televisión dos partidos de balonmán emitidos por TVE. É medalla de ouro da Real Orde do Mérito Deportivo, outorgada polo Consello Superior de Deportes (2000).

Noticias relacionadas