Os beneficiarios dos vales para material escolar que concede o Concello poden recollelos dende mañá no Uxío Novoneyra

O Goberno local dotou con 36.500 euros a esta liña de axudas co obxectivo de colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas do municipio

Nesta convocatoria, incrementou a contía individual, pasando dun importe de 80 aos 100 euros, dándose cumprimento ademais a un acordo plenario

Luns, 08 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os beneficiarios dos 365 vales de axuda para material escolar e educativo concedidos polo Concello, a través da Concellería de Educación, aos alumnos e alumnas de Educación Infantil deste curso 2017-2018 poderán recollelos no servizo municipal de Educación, situado no terceiro andar do centro de convivencia Uxío Novoneyra, dende mañá martes ata o día 23 de xaneiro, ambos inclusive, en horario de 9:00 a 13:30.

Para elo, deberán presentar o DNI orixinal do solicitante e unha certificación expedida polo centro educativo onde conste o nivel, o curso e o centro educativo no que está matriculado o alumno ou alumna no curso 2017-2018. No caso de non ser o propio solicitante o que vai recoller o vale, esta persoa deberá presentar o DNI orixinal, fotocopia do DNI do solicitante e autorización de recollida asinada polo solicitante e a persoa que vai presentar a documentación. Deste permiso hai modelos no servizo de Educación. Unha vez entregada, o Concello faralles entrega dun vale para canxear por material educativo nas librerías por un valor igual ao das axudas concedidas.

O Goberno local dotou con 36.500 euros a esta liña de axudas co obxectivo de colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades para todos os nenos e nenas do municipio. N