A Oficina de Turismo do Concello de Lugo conta cun programa das festas do San Froilán en braille

Luns, 07 de outubro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está dispoñible na Oficina Municipal de Turismo un programa do San Froilán 2013 en braille para todas aquelas persoas que o precisen poidan consultalo.

A ONCE traduciu dous programas, un que estará na Oficina Municipal de Turismo, e o segundo na propia sede da organización en Lugo.

Cancelación concerto

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, tamén informa da cancelación do concerto do grupo lucense Arrythmia do próximo mércores 9 de outubro por problemas de saúde dun dos compoñentes da banda. De todas maneiras, mantense o concerto do grupo Pastillas Mamut o mércores 9 ás 20:30 horas na Praza da Soidade.

Noticias relacionadas