O VI Concurso de Tapas xa ten finalistas na modalidade tradicional

Venres, 08 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un xurado composto por prestixiosos expertos gastrónomos decidirá mañá os gañadores da sexta edición do Concurso de Tapas

A sexta edición do Concurso de Tapas xa ten os catro finalistas na modalidade de tapa tradicional, que foron elixidos por un xurado de expertos que estivo reunido esta mañá no Gran Hotel de Lugo. Dun total de 15 propostas, que chegaron ata a semifinal, finalmente foron as propostas do Abrente, da cafetería Xoldra, da Pulpería O Castelo e da Taberna do España as que optan ao premio da mellor tapa tradicional.

ABRENTE
Compango, caldo e filloa da avoa Visita

CAFETERÍA XOLDRA
Peituga a mousse


PULPERÍA O CASTELO

Polbo a galega con cachelos

TABERNA DO ESPAÑA
Bonito con compota de tomate e cola de langostino

O xurado estivo composto por Miguel Ángel Caruncho Prado, profesor de cociña da Escola de hostalería Belarmino Fernández Iglesias (Sober, Lugo); Bruno Cabanas, Director do hotel Husa Puerta de San Pedro; Ernesto Sendín Giraldez, Xefe de cociña do Gran Hotel de Lugo; Julio García Torres, Profesor do IES Sanxillao; e Alexandra Seara Sobrino, Xerente do Consorcio de turismo Ribeira Sacra.

As propostas tradicionais da cafetería Abrente, da cafetería Xoldra, da Pulpería O Castelo e da Taberna do España optan ao premio da mellor tapa tradicional. Na modalidade creativa compiten a Cervecería Lugo e os restaurantes Campos, España e Paprica.
Será un xurado, composto por prestixiosos expertos gastronómicos, quen decidirá mañá, día 1 de outubro, os gañadores do VI Concurso de Tapas. O C