O Vello Cárcere vibrará coa musica e os espectáculos do ciclo Liberdades Sonoras

Carmen Basadre e Álex Losada presentaron a programación, que arrincará este sábado ás 20:30 horas coa actuación do grupo tuareg Mdou Moctar. Continuará os días 21 de abril e 5 de maio. A entrada é libre ata completa cabida

Mércores, 14 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere vibrará coa musica e os espectáculos do ciclo Liberdades Sonoras

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo representante do Club Lúdico de Arte e Patafísica (CLAP), Álex Losada, presentaron este mércores, na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, o ciclo de actuacións musicais Liberdades Sonoras. O Concello colabora con esta iniciativa lúdico-cultural que arrinca este sábado, 17 de febreiro e que continuará o 21 de abril e o 5 de maio, no patio do Vello Cárcere. Os espectáculos serán a partir das 20:30 horas e a entrada é libre, ata completar cabida.

Para Carmen Basadre tratáse dunha programación distinta que pretende que que a sociedade luguesa coñeza unha música menos comercial, en pequeno formato e de calidade, nun espazo inmellorable e distinto, o Vello Cárcere. Esta programación xúntase á de Músicas Mesturadas, un ciclo de música de fusión que ta