O Vello Cárcere acolle a clausura e entrega de diplomas do curso de verán de Relacións Laborais sobre alimentación e dereito

Xoves, 19 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acolle a clausura e entrega de diplomas do curso de verán de Relacións Laborais sobre alimentación e dereito

O auditorio do centro sociocultural O Vello Cárcere acolleu este xoves a clausura e entrega de diplomas do curso de verán da Escola Universitaria de Relacións Laborais Dereito en serio e de broma II: Coas cousas de comer non se xoga, centrado na importancia dos alimentos e a gastronomía dende o punto de vista xurídico. Neste acto participou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto á directora da Escola de Relacións Laborais, Mercedes Montes, e o director da acción formativa, José María Miranda. Logo de agradecer aos organizadores a idea de celebrar a clausura do curso no Vello Cárcere, “un lugar de represión e sufrimento que hoxe é un espazo de cultura e liberdade, un dos puntos neurálxicos da actividade social da nosa cidade”, desexou á vintena de participantes que as accións formativas lles resulten proveitosas para o seu futuro profesional, ademais de felicitar a Relacións Laborais por impulsar este tipo de iniciativas, que demostran o seu dinamismo e inquietude pola formación continua do alumnado dende perspectivas orixinais e innovadoras.

Noticias relacionadas