O turismo continúa coa súa boa dinámica, rexistrando uns 18.000 visitantes a Oficina Municipal de Turismo e os museos en agosto

O centro de atención aos turistas da Praza do Campo atendeu o pasado mes preto de 4.000 persoas máis que en xullo, e os museos municipais, un 9% máis que hai un ano

Carmen Basadre celebrou estas cifras, satisfeita polas visitas que viviu o municipio o pasado mes e por contar cunha amplia oferta cultural no verán, capaz de dinamizar Lugo tanto cultural como turísticamente

Martes, 05 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O turismo continúa coa súa boa dinámica, rexistrando unhas 18.000 persoas visitantes a Oficina Municipal de Turismo e os museos municipais. Concretamente, o centro de atención aos turistas da Praza do Campo atendeu o pasado mes preto de 4.000 persoas máis que en xullo, e os museos municipais, un 9% máis que hai un ano.

Así o deu a coñecer este martes a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen celebrou estas cifras, satisfeita polas visitas que viviu o municipio o pasado mes e por contar cunha amplia oferta cultural no verán, baixo o nome de Ágora Cultural, capaz de dinamizar Lugo tanto cultural como turísticamente.

A cidade luguesa, un verán máis, continúa sendo un referente para os turistas nacionais, avanzou Basadre, ao tempo que sinalou que o 90% dos visitantes atendidos na Oficina Municipal de Turismo eran españois. Un mes máis, os madrileños continúan estando á cabeza, con máis de 2.100 visitantes, seguidos dos cataláns (1.266). Tamén destacan as visitas dos viaxeiros procedentes de Andalucía (1.096). Das e dos turistas estranxeiros destacan os chegados de Francia, Portugal e Italia, tal e como explicou a edil, quen subliñou que tamén