O Orgullo LGTBI Lugay 2016 encherá de cores a Praza Maior de Lugo

Ana González Abelleira e Marcos Fernández presentaron as actividades que se celebrarán o sábado 10 de setembro, a partires das 21:30 horas, na Praza Maior

Mércores, 07 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Orgullo LGTBI Lugay 2016 encherá de cores a Praza Maior de Lugo

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e o presidente da Asociación pola Liberdade Afectivo e Sexual da cidade de Lugo, colectivo ALAS, Marcos Fernández, presentaron este mércores no Salón de Plenos os actos conmemorativos do Orgullo LGTBI Lugay 2016, que se celebrará o sábado 10 de setembro, a partires das 21:30 horas, na Praza Maior.

Ana González Abelleira salientou que para o Concello “é un orgullo traballar por unha sociedade inclusiva dentro da diversidade, por iso colaboramos coa organización destas actividades, para ter unha cidade na que todos e todas teñamos cabida”.

Pola súa banda, Marcos Fernández agradeceu a colaboración con este evento, “que se celebra por terceiro ano consecutivo, para reivindicar os dereitos do colectivo LGTBI, ante a grave situación pola que está pasando e contando co apoio de toda a cidadanía de Lugo”.

Os actos, organizados polo colectivo de lesbianas; gays; bisexuais, transexuais e intersexuais ALAS, coa colaboración do Concello e a Deputación comezarán coa lectura dun manifesto reivindicativo, seguido de diversas actuación musicais. Os artistas que participarán nesta celebración son La Prohibida, Asanzaa e Las Supremas. Todo dirixido por dous galegos mestres de cerimonias, como son Ramil e Dani Ríos, que tamén deleitarán aos asistentes coas súas voces.

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre os actos conmemorativos do Orgullo LGTBI Lugay 2016 | Descargar mp3

Máis información

Noticias relacionadas