O MIHL acolle a exposición Olería tradicional de España: medidas do viño que reúne máis de 100 pezas de todo España

Mércores, 15 de xaneiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Ademais tamén se celebrarán obradoiros de barro para os nenos e nenas que queiran coñer máis o mundo da olería

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participaron na inauguraron da exposición Olería tradicional de España: medidas do viño, que reúne 108 pezas de alfarería de diferentes puntos da xeografía española e que se poderá visitar ata o 15 de marzo.

Trátase dunha exposición singular que está composta por un cento de pezas orixinais, algunha delas con varios séculos de antigüidade, perfectamente catalogadas e relacionadas principalmente coas medidas do viño. Esta é a única colección destas características que existe en España e que é propiedade do Equipo Adobe, importantes coleccionistas de oleria tradicional, que no 2013 foron finalistas na modalidade de investigacion dentro dos Premios Nacionais de Cerámica e que nas últimas décadas levan inventariadas máis de 5.000 pezas de olería.

José López Orozco resaltou que  “a través da exposición imos poder coñecer unha pequena parte da historia a través da olería e tendo o viño como fío conductor ademais nun lugar no que temos moi próxima a Ribeira Sacra”. Tamén explicou que “gran parte da colección está composta por pezas galegas que proveñen de Sober, da Terra Chá e de Ourense que mostran o rico patrimonio oleiro da nosa terra”. Na exposición podense ver pezas de Navarra, Alicante, Teruel ou Menorca pero tamén hai unha importante mostra da olería de Gundivós en Sober, e doutras zonas vinícolas galegas.

Pola súa parte, a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, sinalou que “esta é a quinta exposición que acolle o MIHL neste ano que leva aberto e a olería pareceunos un tema moi interesante para que os que se acheguen poidan coñecer un pouco máis da historia deste arte”. Basadre tamén anunciou que “aproveitando esta exposición vanse levar a cabo talleres de barro para os nenos e nenas”.

O comisario da mostra, Ricardo Fernández, fixo unha visita guiada á exposición e destacou que “é unha exposición única en España e moi didáctica xa que ademais de ver as pezas, os visitantes, poderán ir coñecendo as diferentes técnicas de elaboración das olas, como se empregaban ou a diferencia de medidas en todo o país”.

Ademais da exposición tamén se levou a cabo a conferencia sobre Alfarería insólita a cargo dos membro de Equipo Adobe e especialistas na materia, Lucia Blesa e Domingo Sanz.

Multimedia

Noticias relacionadas