O Goberno pide asesoramento externo sobre as posibilidades de casación das sentenzas do Garañón, para decidir así o que mellor preserve os intereses da cidadanía

Así o anunciou a Alcaldesa nunha xuntanza de voceiros, a segunda en menos dunha semana para estudar este asunto, convocada no marco da aposta pola transparencia e o diálogo do Goberno como forma de relacionarse coa oposición

A decisión foi tomada de acordo cos técnicos, que consideran que pode ser beneficiosos para o Concello. En base a dito informe e ás reunións técnicas tomarase unha decisión

Martes, 17 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno pide asesoramento externo sobre as posibilidades de casación das sentenzas do Garañón, para decidir  así o que mellor  preserve os intereses da cidadanía

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reuniu este martes aos voceiros de todos os grupos políticos que forman a Corporación Municipal, para continuar abordando as dúas sentenzas do Tribunal Superior da Xustiza de Galicia sobre o proxecto de urbanzación e a licenza da Unidade de Actuación CS5, máis coñecida polo Garañón. Trátase esta da segunda xuntanza en menos dunha semana que convou a rexedora para estudar este asunto, no marco da aposta pola transparencia e o diálogo do Goberno como forma de relacionarse coa oposición, a quen se lles puxo a disposición de toda a información técnica, e sobre todo, a cronoloxía dos