O Goberno convoca por segundo ano consecutivo unha Oferta de Emprego Público, con 25 prazas

Venres, 23 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno aprobou este venres a Oferta de Emprego Público para o ano 2016 –sometido á Mesa Xeral de Negociación do pasado 15 de decembro, composta tanto polo Goberno como por sindicatos-, con 25 prazas. A continuación, o Concello poñerá en marcha os procesos selectivos para cubrir cada posto.

Deste xeito, o Goberno convoca por segundo ano consecutivo unha Oferta de Emprego Público, incluíndo prazas cubertas interinamente, as vacantes en Bombeiros procedentes das xubilacións do ano 2015 e as de promoción interna.  

Prazas a convocar

  • 1 Sarxento de Bombeiros. Promoción interna
  • 2 Administrativos. Promoción interna
  • 6 Bombeiros Condutor. Libre
  • 1 Oficial Vixiante Recaudador. Diversidade funcional
  • 2 Auxiliares Administrativos. Libre
  • 1 Enxeñeiro de Camiños Promoción Interna
  • 2 Arquitectos. Libre
  • 3 Cabo Bombeiro. Promoción Interna
  • 1 electricista. Promoción Interna
  • 2 Oficiais Policía Local. Promoción Interna
  • 3 Inspector Policía Local. Promoción Interna
  • 1 Inspector Principal Policía Local. Promoción Interna

Noticias relacionadas