O Goberno continúa apostando por unha mobilidade de futuro garantindo a circulación fluída en Camiño Real

Trátase dunhas tarefas coas que se pretende reducir a beirarrúa na zona de aparcadoiro, co fin de gañar este espazo na calzada e garantir o paso do autobús urbano. Contan cun orzamento de 7.424 euros

Luns, 20 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno continúa apostando por unha mobilidade de futuro garantindo a circulación fluída en Camiño Real

O Goberno continúa con novas medidas que teñen como obxectivo a mellora da mobilidade, neste caso acometendo obras na rúa Camiño Real, para garantir a circulación fluída nestas rúa, unha acción máis que busca unha cidade sostible, accesible e para as persoas.

Tal e como explicou o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, trátase dunhas tarefas comprendidas nesta vía, entre a rúa Tino Grandío e a rúa García Abad, coas que se pretende reducir a beirarrúa nunha franxa de 30 centímetros na zona de aparcadoiro, co fin de gañar este espazo na calzada e garantir o paso do autobús entre os vehículos aparcados na liña de ambas marxes. Contan cun orzamento de 7.424 euros e cun prazo de execución duns 5 días laborais.

Por mor de dita obras, vaise proceder á anulación temporal da parada de bus urbano existente fronte ao inmoble número 63 desta rúa.  

Noticias