O Concello reunirase coa Xunta o 3 de marzo para desbloquear a aprobación da totalidade do PXOM

Na xuntanza participarán técnicos das dúas administracións e os grupos da oposición municipal

Venres, 20 de febreiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, solicitou unha xuntanza á Xunta de Galicia para desbloquear a aprobación do 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal pendente de aprobación definitiva polo Goberno galego. 

 Tal como decidiu a Corporación municipal na reunión celebrada a semana pasada, o Alcalde solicitou unha xuntanza coa Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, que foi concertada para o día 3 de marzo, na Casa do Concello.
 
Na reunión participarán o Alcalde, o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez; a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; técnicos das dúas administracións e un representante de cada un dos grupos da oposición municipal.
 
A solicitude desta xuntanza decidiuse nunha reunión que celebrou o Goberno local coa oposición na que os responsables técnicos de distintos servizos municipais explicaron  
que as condicións postas ó Concello de Lugo para a aprobación da parte pendente do PXOM inclúen aspectos que supoñen unha revision encuberta por parte da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio dun acordo anterior, xa que hai zonas que en principio se consideraban aprobadas sobre as que a nova Orde e sobre as que se provocou incertidume. 
 
A esas dúbidas, tal e como aclararon os técnicos municipais, e como asumiu dende o principio o Goberno local, únese a circunstancia de que a competencia sobre a delimitación de cauces non é municipal senón doutra administración, que é a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. 
 
Nesa xuntanza, o Voceiro do Grupo popular asumiu por primeira vez as teses defendidas reiteradamente polo Goberno local xa que manifestou que él é partidario de “ter unha reunión apoiando as propostas dos técnicos municipais”.
 
De feito, os técnicos municipais salientan a paradoxa de que se pretende impoñer ó Concello de Lugo a obriga de elaborar uns estudos pero éstes non poden ter validez ningunha sen que lles dea a súa aprobación precisamente a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
 
Ademais, as exixencias que se lle fan ó Concello de Lugo supoñen que a Administración local tería que asumir un gasto inxustificado e tamén moi cuantioso, xa que un informe do departamento de Topografía da USC avalía en 560.000 euros, sen IVE, o custe de facer a cartografía que se lle pide ó Concello de Lugo, que, por certo é dunha precisión moi superior a do PXOM, xa que é a escala 1:2.000 mentres que o PXOM está en escala 1:5.000.