O Concello retira a bandeira europea do consistorio en repulsa simbólica polas súas políticas inhumanas contra os refuxiados

Mércores, 16 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello retira a bandeira europea do consistorio en repulsa simbólica polas súas políticas inhumanas contra os refuxiados

O Concello retirou na mañá deste mércores a bandeira da Unión Europea da fachada da casa consistorial, unha medida que manterá ata o venres como xesto simbólico de repulsa frontal da cidade lucense ás políticas inxustas, insolidarias e inhumanas que está adoptando contra os refuxiados, materializadas no principio de acordo entre Europa e Turquía, que suporá o peche de fronteiras para as persoas que piden refuxio.

O Concello tomou esta decisión tras solicitar un informe técnico co fin de garantir a seguridade xurídica, no que se indica que os símbolos da UE non son xuridicamente vinculantes para os países membros.

Así mesmo, representantes da entidade local secundarán esta tarde, ás 20:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno, a manifestación convocada por axentes sociais e sindicais en protesta polas medidas comunitarias contra os refuxiados.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre a retirada da bandeira europea do consistorio | Descar