O Concello lembra ás vítimas do Holocausto e reivindica traballar contra os posibles brotes de racismo, xenofobia e todo tipo de discriminacións

O Pleno Ordinario aprobou unha declaración institucional, na que tamén se condenan todas as manifestacións de intolerancia rexlixiosa, incitación, acoso ou violencia basada na orixe étnica ou nas creanzas relixiosas

Xoves, 31 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Pleno Ordinario deste xoves aprobará unha declaración institucional sobre o día de conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto, que tivo como resultado que un tercio do pobo xudeu e innumerables membros doutras minorías morreran asasinadas.

En particular, o Concello, con esta declaración, quere lembrar aos máis de 10.000 republicanos españois que terminaron deportados nos campos nazis pola colaboración do ditador Francisco Franco co nazismo alemán e o fascismo italiano. Segundo algunhas fontes historiográficas, preto de 200 deles eran orixinarios de Galicia e morreron alí ou foron liberados, pero nunca puideron regresar porque a ditadura franquista, que lles retirara previamente a nacionalidade, lles negou o dereito a regresaren ao seu país de orixe.

Así memo, con esta declaración o Concello condena todas as manifestacións de intolerancia rexlixiosa, incitación, acoso ou violencia contra as persoas ou comunidades basadas na orixe étnica ou nas creanzas relixiosas, así como insta a traballar arreo contra os posibles brotes de racismo, xenofobia e todo tipo de discriminacións. Tamén chama, tanto á cidadanía como organizacións, a permaneceren vixiantes para que nunca máis un réxime como o que produciu o Holocausto poida asentarse en ningún lugar do mundo.

Noticias relacionadas