O Concello inicia mañá as obras de acondicionamento dun novo espazo público no entorno do Cuartel de San Fernando

Consiste na derruba da lavandería do edificio e na creación dunha área de esparexemento no terreo resultante, de case 1.000m2, ao carón dun dos patrimonios máis emblemáticos de Lugo

Martes, 30 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello inicia mañá as obras de acondicionamento dun novo espazo público no entorno do Cuartel de San Fernando

O Goberno de Lugo iniciará este mércores as obras de acondicionamento dun novo espazo público na cidade para uso e goce da veciñanza e visitantes, en concreto no entorno no Cuartel de San Fernando. A Alcaldesa, Lara Méndez, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisarán mañá o arranque das actuacións, que consisten na derruba da lavandería do Cuartel e a creación no terreo resultante dun área de esparexemento de preto de 1.000m2 en pleno centro da cidade, ao carón dun dos patrimonios máis emblemáticos de Lugo.

O orzamento deste proxecto, que foi redactado pola empresa municipal EVISLUSA , é de 15.000€ e o prazo de execución dun mes.

Os traballos comezarán pola demolición completa do anexo coñecido como lavandería e a galería de comunicación deste co edificio do antigo Cuartel e, posteriormente, unha vez realizadas as tarefas de desentullo e limpeza, na explanación, nivelación e acondicionamento da totalidade da parcela.

O edificio