O Concello impulsa a inclusión laboral de 20 desempregados perceptores da RISGA nas brigadas de obra municipais

Ana Abelleira indicou que a entidade local iniciará de inmediato a tramitación para a contratación, durante 7 meses, de 16 peóns, 3 oficiais e 1 encargado, a través do programa Conserva-Lugo

Xoves, 11 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo impulsa a inclusión laboral de 20 desempregados en situación de risco ou exclusión social, perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), nas brigadas de obra municipais, a través do programa Conserva-Lugo. Así o deu a coñecer este xoves a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, quen indicou que o Concello vai a iniciar de xeito inmediato a tramitación para a contratación de 20 persoas, cunha duración do contrato de sete meses a media xornada, para realizarar tarefas de limpeza e mantemento de sendeiros e roteiros turísticos municipais, así como de mantemento viario nos entornos dos edificios municipais, instalacións deportivas, colexios ou o propio cemiterio municipal, entre outros.

“Este Goberno é o das persoas, por iso traballamos na creación do emprego, que é unha da nosa acción principal xunto ao benestar social, e neste caso van as dúas nosas prioridades básicas da man”, subliñou a edil, ao tempo que lembrou que o de Lugo é o Concello que máis inviste en políticas sociais en Galicia e o cuarto de España, destinando un 21%