O Concello favorece a conciliación en Semana Santa abrindo de novo a zona infantil da Praza de Abastos

Concretamente farao hoxe luns, martes e mércores e o vindeiro luns, en xornada de mañá, de 10:30 a 13:30 horas. O tempo de permanecencia neste espazo de lecer será dunha duración máxima de hora e media

Luns, 15 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello favorece a conciliación en Semana Santa abrindo de novo a zona infantil da Praza de Abastos

A zona infantil que habilitou o Concello na Praza de Abastos a finais do pasado ano, en resposta a un dos proxectos gañadores Orzamentos Participativos, para programación de conciliación nos disintos períodos vacacionais, abre nesta Semana Santa. Concretamente faro hoxe luns, martes e mércores e o vindeiro luns, en xornada de mañá, de 10:30 a 13:30 horas.

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, convidou ás familias a usar este espazo de lecer infantil, onde os nenos e nenas poderán gozar con actividades mentres os papás e mamás mercan con tranquilidade nas instalacións municipais. O tempo de permanencia na zona infantil será dunha duración máxima de hora e media.

Noticias relacionadas