O Concello de Lugo rebaixou a 13 días o período medio de pago a proveedores no mes de decembro, cando o tope legal é de 30 días

O Alcalde destaca que o Concello paga ben ós proveedores porque ten liquidez e porque ten como prioridade axudar á economía local e ó mantemento do emprego

Luns, 16 de febreiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A entrada en servizo da factura electrónica axudará a seguir axilizando os pagos do Concello, que xa recibiu 17 facturas por importe de 1 millón de euros por vía telemática
 
O Alcalde,  José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, deron conta hoxe da importante axilización que acadou o Concello de Lugo nos prazos de pago ós proveedores que realizan obras ou prestan servizos á administración local, xa que no mes de decembro o prazo medio conseuiu reducirse a só 13 días, fronte ós 30 días que permite a lei.

López Orozco explicou que “desque son Alcalde rebaixamos a débeda do Concello ata deixala no 28% dos orzamentos consolidados e tamén logramos pagar ós proveedores en prazos moi breves de tempo, o que, por un lado, demostra a boa economía do Concello, a pesar das circunstancias; axúdanos a conseguir mellores prezos, porque as empresas e proveedores saben que pagamos en tempo, e ademais así axudamos a  actividade empresarial e a manter o emprego en Lugo”.

“Esto tamén acala as voces do Partido Popular que tanto nos critica, porque, cando eles gobernaban o Concello, pagaban ós proveedores como media en 134 días, é dicir, en catro meses e medio”, salientou o Alcalde e remarcou que se trata “dunha liña de traballo marcada no meu Goberno e imos facer todo o posible por mellorala, sen deixar de revisar todas as facturas para comprobalas, porque actuamos na defensa dos intereses do Concello”.

Pola súa parte, a Concelleira de Economía detallou os bos resultados do Concello de Lugo no referido ó periodo medio de pago de facturas durante o mes de decembro, o último no que as administracións locais renderon contas ó Ministerio de Facenda.

“Son datos públicos e obxectivos, que se poden comprobar e que nos permiten comparar cómo paga o Concello de Lugo e como o fan o resto”, sinalou Sonia Méndez antes de explicar que “no mes de decembro, este Concello conseguiu rebaixar o período medio de pagon a 13 días”, cando legalmente o tope está establecido en 30 días.

Méndez salientou que “este dato é moi positivo, xa que mellora o de novembro, que estaba en 28 días, e está moi por debaixo da media dos concellos de España”.

A Concelleira de Economía explicou que este logro foi posible por varios motivos, “grazas a unha ardua labor que se levou a cabo nestes anos no que demos preponderancia a que os proveedores cobren en pouco tempo, grazas tamén a que temos liquidez económica, que nos permite afrontar os pagos punturalmente, e tamén polas medidas adoptadas para axilizar ó máximo os pagos, como a creación dun rexistro único de facturas”.

Sonia Méndez tamén fixo un primeiro balanzo da entrada en servizo do rexistro electrónico de facturas e salientou que, en menos dun mes, foron 12 as empresas que empregaron esta vía a través da cal se presentaron 17 facturas por un importe total de preto de 1 millón de euros e mesmo foron rexistradas 5 facturas por cuantías inferiores a 5.000 euros, aínda que neste caso pódese seguir empregando a vía tradicional de presentación das facturas no Rexistro municipal.

A Concelleira de Economía tamén amosou a súa confianza en que este novo mecanismo contribuirá a seguir axilizando, máis aínda, os pagos que fai o Concello ós seus proveedores.