O Concello de Lugo presentará un proxecto de bioenerxía para optar na primeira liña de axudas europeas Life 2014

Mércores, 27 de agosto de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Xunta de Goberno Local tamén aprobou a incautación definitiva da fianza por valor de 100.798 euros á UTE encargada da primeira fase das obras do Vello Cárcere

O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, deu conta esta mañá dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local e do que destacou unha encomenda de xestión á Evislusa para a elaboración dunha proposta de proxecto para optar a un proxecto europeo relativos á Acción polo Clima do programa Life da Comisión Europea para o ano 2014.
“É un programa ambicioso e potente ademais de ter unha potencialidade de aplicación e que está orientado a levar a cabo nalgún barrio da cidade unha experiencia piloto de aforro de enerxia co emprego de materiais tradicionais ou reciclados pero con innovación tecnolóxica para facer barrios modernos” segundo explicou Álvarez.
Neste sentido, tamén avanzou que se trata de crear un proxecto piloto que sirva de exemplo para outras cidades europeas que verse sobre o respeto e o coidado do medio ambiente e aforro de enerxia. Así, a próxima semana haberá unha reunión técnica no Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente para delimitar máis o ámbito de actuación e definir as liñas fundamentais sobre as que se vai a realizar o proxecto.
Na Xunta de Goberno tamén se acordou a incautación definitiva da fianza de 100.798 euros á UTE que tiña adxudicada a primeira fase das obras de rehabilitación do Vello Cárcere ao non presentar a empresa ningún tipo de alegación. De feito, na Xunta de Goberno Local do 19 de xuño tomouse o acordo de resolver o contrato e incautar a garantia definitiva polos incumplimentos da empresa e as deficiencias que se orixinaron como consecuencia da inactividade da obra.
Finalmente outro asunto do que se tomou acordo fora do orde do día, foi a licitacion dunha caseta e caldeiro do pulpo de San Froilán xa que a adxudicataria non ingresou as taxas correspondentes polo que volve a sacarse a concurso para a súa ocupación.
Obras Estrada de Santiago e Ronda Muralla
O Voceiro do Goberno Local tamén informou que mañá xoves 28 pola tarde quedará aberto ao tráfico a Estrada de Santiago que estaba cortada a altura do Barrio da Ponte por mor das obras de saneamento da Louzaneta. Desta maneira, adiantouse o remate da obra en dúas semanas podendo abrir ao tráfico antes de finalizar o mes de agosto. 
Por outra parte, tamén informou que por mor das obras que se están realizando na Ronda da Muralla vaise a proceder a facer un corte total do tramo da Ronda da Muralla entre a Rúa Deputación e a Rúa Santiago. O corte ao tráfico será entre as 14.30 horas do sábado e as 20.00 horas do domingo xa que “desta maneira poderase adiantar o traballo de reparación e repavimentación da marxe dereita da Ronda”.
Comisión Contas
Luis Álvarez tamén explicou que o Goberno Local vai presentar mañá na Comisión de Contas o informe de Intervención relativo aos pagos realizados polo Concello de Lugo con reparos de legalidade, unha figura que corresponde a pagos de servizos que non contan con contrato. “A parte máis importante deste informe refírense aos pagos da nova estacion potabilizadora e da estación depuradora, aínda que existen outros puntuais que se refiren a algun servizo publico que debe ser prestados necesariamente e que por tecnicismo na adxudicación estiveron algún tempo sen o contrato” segundo explicou o Voceiro.
O responsable da área de Urbanismo e Medio Ambiente tamén resaltou que no propio informe de Intervención e con respeto aos recoñecementos extraxudiciais de crédito recoñécese unha redución do 29,48% con respecto ao ano 2012. “Esto é asi porque se pagan as facturas en prazo e se conseguiu que as empresas presentasen as facturas de forma máis rigurosa” de todo modos lembrou que “a maior parte delas débese a facturas de consumo electrico que as propias compañías presentan fóra de prazo e que é necesario comprobar que estén ben tarifadas”.

Multimedia

Noticias relacionadas