O Concello de Lugo mantén o apoio á igualdade a pesares da crise presentando o III Plan pola Igualdade de Oportunidades

Xoves, 19 de abril de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Tamén se presentou un balance do II Plan de Igualdade vixente entre os anos 2008-2011

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Lugo que ten unha vixencia de tres anos no Foro de Igualdade que se celebrou esta mañá.

O III Plan de Igualdade vertébrase sobre o principio de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal. Foi deseñado co obxectivo prioritario de seguir incorporando a transversalidade en todas as políticas de intervención municipal para fomentar e impulsa unha participación igualitaria da poboación en todas as esferas da vida pública.

Carmen Basadre referiuse a que “pese a crise, o Goberno Municipal, seguimos apoiando e apostando no compromiso para alcanzar esa igualdade de xénero avanzando nun sistema democrático e igualitario preocupado polo benestar da cidadanía. E unha proba deso é a aprobación deste Plan”. A Concelleira explicou que se trata dun documento estratéxico que nos vai a “servir para traballar transversalmente en todas as áreas do Concello de Lugo e que vimos desenvolvendo dende o ano 2005.”

Polo tanto, trátase dun documento aberto que por unha parte, dá continuidade e afonda nalgunhas actuacións iniciadas polos anteriores plans e, por outro lado, introduce novas iniciativas e medidas coa finalidade de dar resposta