O Concello de Lugo adica 141.000 euros ó servizo de ociotecas para atender a 80 nenos e nenas

Mércores, 05 de novembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello investirá outros 80.000 euros no coidado de colexios e escolas infantís a través do programa de fomento do emprego Mellora Lugo

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou hoxe a contratación do programa de intervención e pedagóxico "Aprende Xogando", dotado cun presuposto de case 141.000 euros.

A Xunta de Goberno Local aprobou na xuntanza deste mércores a apertura do procedemento de adxudicación deste programa educativo, que ofrecerá 80 prazas para nenos de idades comprendidas entre 3 e 12 anos distribuídas en catro ociotecas. Nos Centros de Convivencia Maruja Mallo e da Milagrosa o número de prazas será de 25 en cada un mentres que no Uxío Novoneyra e no María Balteira será de 15 prazas en cada unha das ociotecas.

O presuposto máximo do contrato é de 140.788 euros, IVE incluído, e a duración do mesmo será ata o 31 de decembro de 2015.

Entre os obxectivos deste programa está o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo e social dos nenos e nenas, a través do fomento da imaxinación e a creatividade, ademais de favorecer a integración dos menores na sociedade.
 
Luis Álvarez destacou que este programa forma parte da aposta polas políticas sociais que mantén o Goberno local, na que se inscriben tamén outras dúas actuacións que adxudicou hoxe o Concello. Unha delas para a prestación do servizo de Comida no Fogar para persoas maiores que viven soas e de fomento do emprego no caso do Plan Mellora Lugo.

Contratación Servizo Comida no Fogar

O Servizo de Comida no Fogar, que se convocou cun presuposto de licitación de 135.084 euros para acadar unha capacidade de distribución de 23.052 menús ó ano, foi adxudicado á empresa Coesco Deza, que ofreceu un prezo de 4,15 euros por menú e o aumento nun día da frecuencia de distribución esixida.

Deste xeito, o Concello aumenta en case 4.000 a cifra de menús distribuídos na actualidade para poder atender o incremento que se rexistra na demanda deste servizo que consiste na entrega periódica no domicilio da persoa usuaria de comidas preparadas coas garantías hixiénico-sanitarias que contempla a lexislación vixente, e que cubran as necesidades de toda a semana (incluídos festivos) durante o período no que se atope de alta no servizo. A distribución, co novo contrato, será de dous días por semana para cada persoa usuaria. Poderán ser usuarias/os aquelas persoas residentes no concello de Lugo sempre que a xuízo do persoal técnico municipal a dita prestación sexa o recurso máis axeitado.

O servizo contrátase cunha estimación do número de menús a entregar de 1.921 menús/mes.

A Mesa de Contratación escolleu a nova adxudicataria para a prestación do servizo de Comida no Fogar entre as catro propostas presentadas tendo en conta a oferta económica e de frecuencia na distribución dos menús.

Plan Mellora Lugo

A Mesa de Contratación tamén adxudicou hoxe un dos proxectos do Plan Mellora Lugo, a contratación do servizo de mantemento e conservación dos CEIP e Escolas infantis municipais Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e Piringalla. Adxudicouse en 80.707 euros á empresa Servigal, que ofreceu como melloras a contratación de catro traballadores e 10.000 euros en materiais. A este contrato presentáronse inicialmente cinco ofertas, unha das cales foi excluída por non subsanar erros.

A contratación do servizo de mantemento e conservación de instalacións deportivas quedou pendente, xa que se deu un prazo de tres días para completar documentación.

O Plan Mellora Lugo, que ten o obxectivo de fomentar o emprego e, tamén, a realización de traballos de acondicionamento no noso municipio coa realización de obras de acondicionamento de zonas verdes e vías públicas e de mantemento de edificios e instalacións municipais ten unha dotación orzamentaria este ano de 425.000 euros (100.000 máis que no 2013) distribuídos en cinco liñas de actuación.

Ó abeiro deste Plan, levaranse a cabo traballos de mantemento e conservación de espazos verdes públicos, de instalacións deportivas, de construccións rurais e periurbanas singulares e patrimonias, de colexios e escolas infantis, e, finalmente, de pavimentación, mobiliario e sinalización vertical da rede viaria municipal.

Ata agora foron adxudicados, ademais do servizo de mantemento e conservación dos CEIP e das escolas infantís, os labores de mantemento e reparación de