O complexo deportivo de As Pedreiras retoma á actividade ó público este xoves día 1 de agosto

A concellería de Deportes estivo realizando melloras durante o mes de xullo no complexo deportivo de As Pedreiras

Traballouse en garantir o correcto funcionamento das instalacións deportivas municipais e de ofrecer servicios e actividades que  promovan a práctica de deporte

As piscinas interiores de FRIGSA non estarán abertas ó público no mes de agosto por mantemento, pero si as exteriores

Mércores, 31 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O complexo deportivo de As Pedreiras retoma á actividade ó público este xoves día 1 de agosto

O Concello de Lugo estivo realizando tarefas de mellora nas piscinas municipais do complexo deportivo de As Pedreiras no mes de xullo e retoma á actividade ó público este xoves día 1 de agosto. O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez recalcou que dende o concello ‘traballamos en garantir o correcto funcionamento das instalacións deportivas municipais e de ofrecer servicios e actividades que  promovan a práctica de deporte e da actividade física dos veciños do concello lucense’. No caso de complexo de As Pedreiras as melloras levadas a cabo neste mes foron:

  • Substitución e reposición do teito no porche da entrada exterior
  • Limpeza e vernizado del na madera no porche exterior
  • Selado y substitución das plaquetas do vaso ou fisuradas
  • Selado da canaleta perimetral de todo o vaso
  • Arreglo do pladur e pintado das gradas
  • Substitución dos pasos de madeira da rampa de acceso ás gradas
  • Substitución de dúas saunas, unha masculina e outra feminina
  • Pintado das diferentes partes dos vestiarios masculino e feminino
  • Colocación dun sistema de calor para o pasillo que vai dende os vestiarios ó vaso
  • Colocación dunha chave de corte xeral de auga na sala de mantemento
  • Separación de sistemas químicos de tratamento de agua

As piscinas interiores de FRIGSA non estarán abertas ó público no mes de agosto por mantemento, pero si as exteriores.

Noticias relacionadas