O Alcalde presidiu a entrega de diplomas do curso de prevención de riscos laborais a 29 traballadores contratados polo Concello a través do Programa Piles

Martes, 23 de novembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polos Concelleiros de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e de Infraestruturas, José Piñeiro, entregou os diplomas ós asistentes a un curso de prevención de riscos laborais que realizaron 29 traballadores contratados polo Concello dentro do Programa Piles.

Antes da entrega dos diplomas, o Alcalde sinalou a importancia que ten para o adecentamento da cidade o labor que realizan os traballadores contratados neste programa, que se encargan de labores de arranxo de beirarrúas, desbroces e xardinería.

López Orozco dixo que “o investimento que fai o Concello é un esforzo enorme para as arcas municipais, que se fai con poucas axudas e aínda que non temos competencias en materia de emprego, pero merece a pena” xa que este programa dá traballo a persoas desempregadas e asegurou que “mentres eu sexa Alcalde non pasarei de lado ante un tema tan dramático como é o paro”.

Ademais o Alcalde animou ós traballadores no marco do Piles a respectar as normas de seguridade que aprenderon no programa de prevención de riscos laborais xa que “nada é tan importante como a vida humana”.

Tamén indicou que o custe dos materiais de seguridade supuxeron un investimento que se achega ós 5.000 euros que supón o 10% do importe do proxecto.

Multimedia