O Alcalde felicita a Andrea Ferreiro, Campiona do Mundo de Hockey liña junior

Xoves, 17 de xullo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

 O Alcalde, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Andrea Ferreiro, recibiu hoxe na Casa do Concello á deportista Andrea Ferreiro, Campiona do Mundo de Hockey liña junior. 

O Alcalde deulle a noraboa por este importante éxito deportivo e agradeceulle a súa contribución a que a cidade de Lugo sexa máis coñecida. En recoñecemento ós seus méritos, López Orozco entregoulle un agasallo consistente nunha reproducción da Muralla.
Pola súa parte, Andrea Ferreiro, explicou que se iniciou na practica deportiva nunha das escolas municipais do Concello e tamén agradeceu a axuda que lle presta a Concellería de Deportes ó Club Hockey Meigas, no que leva toda a vida xogando, xa que se trata dun equipo humilde, dixo, que sobrevive grazas ás axudas. 
A deportista lembrou tamén que hai tres anos chamouna o seleccionador nacional e dende aquela non perdeu ningunha concentración. Da súa participación no Campionato do Mundo destacou que “chegamos á final invictas, logo de xogar contra países como os EEUU, Nova Zelanda, Colombia, Namibia e Canadá. 

Multimedia